A ILLA> O novo libro desta serie de literatura infantil fai un percorrido polos espazos máis famosos do municipio.
{flowplayer}images/salnes/180309_bolechas_na_illa.flv{/flowplayer}
Carlos, as xemelgas Loli e Pili, Braulio, Sonia, Tatá e o cadelo Chispa. Os protagonistas da colección de literatura infantil con mais éxito dos últimos tempos achéganse ó Salnés para vivir novas aventuras. Baixo o título O Con da Illa de Arousa, Pepe Carreiro presentou o novo libro desta serie. Nesta ocasión, os Bolechas percorrerán este municipio arousán para descubrir a ruta dos Cons, unhas rochas de gran tamaño que grazas á erosión do mar e o vento foron adquirindo formas case escultóricas.
Os primeiros en coñecer esta historia foron os alumnos de primeiro de primaria do colexio Torre Illa de Arousa. Durante a presentación, Pepe Carreira amosoulles cómo debuxa e dá vida ós Bolechas. Entre os nenos, o pequeno Tatá e o cadelo Chispa, os preferidos.
Desde que no 2000 se publicara o primeiro libro da serie, Os Bolechas teñen viaxado por toda Galicia realizando as mais diversas actividades. O obxectivo do seu creador é fomentar a lectura entre os mais novos, de feito, estes libros están dirixidos a nenos que están aprendendo a ler. A próxima aventura dos Bolechas levaraos Á Guarda, e logo, segundo avanzou o seu creador, é probable que se acheguen de novo ó Salnés para visitar Cambados.
Redacción Salnés