![]()
SALNÉS> Perfumes, roupa e complementos seguen a ser as opcións máis socorridas.
{flowplayer}images/salnes/190309_compras_san_xose.flv{/flowplayer}
Se por algo se caracterizan este ano os agasallos do día do pai é pola pouca creatividade e os prezos axustados. Moitos serán os que a partir de hoxe conten no seu armario cun novo cinto, outra billeteira, ou a clásica camisa. E é que como contan os comerciantes, ninguén se esquece de felicitar o día do pai, aínda que este ano coa crise, óptase polo detalle e non pola calidade.
Pero tamén os hai que pensan nas vacacións. Se o plan para esta ponte é saír a facer deporte, nada mellor que ir ben equipados e regalar roupa e complementos deportivos.
Ó final, o que conta é o detalle, e pequeno ou grande, máis barato ou máis caro, os pais sempre agradecen un agasallo.
Redacción Salnés









