Máis dunha decena de feridos nun atropelo múltiple nas festas de San Miguel de Deiro

VILANOVA> Atropelo múltiple nas festas de San Miguel de Deiro, en Vilanova de Arousa. Pouco antes das 23.30 un vehículo colidía contra a carpa na que se estaba a celebrar a verbena.

No lugar despregouse un importante dispositivo de forzas e corpos de seguridade e de servizos de emerxencia. As primeiras informacións apuntan a que o número de feridos superaría a decena.