SANXENXO> A loita contra o coronavirus fai necesaria a desinfección incluso nos vehículos. Por este motivo o servizo de autolavado Aotowash de Vilalonga instalou unha máquina de ozono. A desinfección faise en tan só 6 minutos.
Os novos tempos obrigan aos negocios a reinventarse. As medidas hixiénicas e sanitarias son esenciais neste momento para loitar contra o Covid 19. Para adaptarse a esta situación o servizo de autolavado autowhas de Vilalonga instalou unha máquina de ozono para desinfectar vehículos.
O seu uso é moi sinxelo e lévase a cabo en tan só 6 minutos.
A empresa abriu as súas portas en novembro do ano pasado. Con tan só 4 meses aberta xa tivo que enfrontarse á crise provocada polo coronaviurs. Aínda así dende o negocio non dubidaron en instalar a nova máquina desinfectante. Unha iniciativa que agradeceu o alcalde de Sanxenxo.
A empresa colabora co concello de Sanxenxo para a desinfección dos vehículos municipais, incluídos os dos servizos de protección. A máquina elimina o 99,9% dos fungos e bacterias, ademais non é visible e elimina todos os malos olores do vehículo. Tan só leva 4 días instalada pero a respostas dos clientes está sendo moi boa.