Unha mostra colectiva e unha ruta para lembrar a Cabanillas

cabanillas_expo100_190309.jpgCAMBADOS> Continúa o Ano Cabanillas en Cambados. O 1 de abril inaugurarase unha exposición colectiva de 27 artistas.

{flowplayer}images/salnes/ANO_CABANILLAS.flv{/flowplayer}

CAMBADOS> Cambados continúa organizando actividades dentro do Ano Cabanillas. O 1 de abril inaugurarase unha exposición colectiva de 27 artistas do Salnés en homenaxe ó bardo de Fefiñáns.

Baixo o título Entre Miradas, a mostra aportará unha visión persoal dos artistas contemporáneos da comarca sobre este gran poeta, do que se cumpren 50 anos do seu pasamento.

Non é a única exposición destes doce meses de homenaxe a Cabanillas pero se cabe si é a máis entrañable dada a proximidade sentimental entre os artistas e o escritor. Esta exposición permanecerá aberta no museo do Viño desde o 1 de abril ata o 1 de xuño e a entrada será de balde para tódolos públicos.

Para esta primavera, a Comisión Organizadora do Ano Cabanillas tamén porá en marcha outra iniciativa para conectar co poeta cambadés. Atendendo a unha proposta da ANPA do Instituto Ramón Cabanillas farase unha ruta cicloturista na que se combinará a ornitoloxía coa poesía de Cabanillas. ç

As rutas faranse os domingos en grupos de quince integrantes como máximo. Os interesados só terán que presentarse cunha bicicleta no paseo da Calzada ás dez da mañá.

Redacción Salnés