Novo paso atrás para o PXOM rianxeiro

    bngpxom_100_200309.jpgRIANXO> O BNG vén de acusar ó executivo de obstruír o proceso do PXOM ó xerar conflitos coa empresa responsable da súa redacción ata o de agora.

    {flowplayer}barbanza/bngpxom.flv{/flowplayer}

    Os nacionalistas rianxeiros compareceron ante os medios para anunciar o que consideran un novo paso atrás no proceso para a aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

    Novo equipo

    Na última reunión da comisión informativa presentáronse as cláusulas para contratar un novo equipo redactor despois de que a empresa responsable ata o momento presentara un recurso contencioso administrativo contra o concello. Este feito supón un novo retraso na elaboración das normas urbanísticas que, no mellor dos casos, non será unha realidade ata o 2012.

    Dende as filas nacionalistas acusan ó executivo de ocultar información ó respecto polo que solicitan a omaprecencia do alcalde para informar sobre a demanda presentada.

    Intromisión

    Pero as acusacións do BNG van aínda máis alá posto que culpan ó rexedor local de reter e mesmo violar a correspondencia do BNG en relación co PXOM.

    A pesar de tódalas irregularidade e atrancos que denuncian, os nacionalistas seguirán a colaborar con rigor, seriedade e transparencia coa elaboración do PXOM, ferramenta que consideran básica para o futuro desenvolvemento de Rianxo.

    Redacción Barbanza