A exposición ‘Galicia en Foco’ amosarase no auditorio dende o venres

galicia_en_foco_100_050907_-_still_001.jpgVILAGARCÍA > O auditorio de Vilagarcía acollerá a 17ª exposición ‘Galicia en Foco’. Unha recompilación de 35 fotografías

… de xornalistas gráficos galegos que recolle a actualidade máis destacada dende o 30 de setembro de 2006 ó vindeiro 30 de setembro.

A exposición que se amosará no Auditorio de Vilagarcía dende o vindeiro venres ate o 30 de setembro recolle unha fotografía de cada un dos 35 reporteiros gráficos de prensa de Galicia que participaron nesta edición. A mostra serve tanto de recompilación como de crónica anual do sentir do pobo galego recollido nas súas diferentes formas nos medios de comunicación.

No ‘Galicia en Foco’ cada fotógrafo selecciona dúas fotografías realizadas durante o ano e de todas elas elíxese a máis representativa, a nesta edición levouse o galardón o fotógrafo Santiago Míguez de La Voz de Galicia que en plena campaña electoral fotografou a caída do agora ex-presidente da deputación de Ourense, José Luís Baltar. A mostra se inaugura cada ano a principios de outubro en Ferrol e percorre diferentes cidades e vilas de Galicia, Santander, Gijón, Madrid e O Porto (en Portugal).

Esta exposición finaliza o día 30 no auditorio de Vilagarcía no que se amosarán fotografías de sucesos coma os lumes do pasado verán en Galicia ou o accidente de Brenntag.

En total serán 35 fotografías as que se amosen na exposición ‘Galicia en Foco’, unha soa de cada reporteiro gráfico por falla de espacio para expoñer as dúas. Tódolos fotógrafos traballan para diferentes xornais de Galicia e de entre eles atópanse 7 da Mancomunidade do Salnés: Mónica Irago, Iñaqui Abella, Martina Miser, Jose Luís Oubiña, Mónica Ferreirós, Alejandro Rodriguez e Carlos Puga.

A inauguración será o vindeiro venres ás 21:30 horas e a exposición permanecerá no auditorio de Vilagarcía ata o 30 deste mes. A entrada será totalmente gratuíta.

Redacción Salnés