As alumnas e alumnos de primaria de Vilanova convértense en viquingos por un día

VILANOVA> Os estudantes de Vilanova convértense en viquingos por un día. O alumnado de primaria do municipio desprazouse ao porto municipal para gozar do famoso drakkar catoirense que está varado na costa vilanovesa. A visita completouse cunha clase de historia do pobo nórdico na Ría de Arousa.

Os nenos e nenas de Vilanova convertéronse hoxe en pequenos viquingos. Aproveitando a promoción do proxecto Mar de Santiago, os estudantes de primaria do municipio visitaron o famoso drakkar catoirense que está varado no porto vilanovés.

Ademais de gozar do barco viquingo, os máis pequenos tamén recibiron unha lección da historia do pobo nórdico na Ría de Arousa.

E os máis pequenos demostraron o aprendido.

Pero o que máis impresionou aos pequenos foi poder ver a un viquingo de verdade e gozar coas súas armas.

Para as escolas é unha oportunidade para poder realizar unha saída didáctica, xa que por mor da pandemia apenas se realizan excursións nin actividades fora dos centros.

Preto de 150 estudantes vilanoveses gozaron do drakkar catoirense. Os centros que participaron na visita foron os de Corón, Vilanova e Tremoedo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí