O Barbanza estará presente na manifestación de ‘Queremos Galego’

    BARBANZA> A mobilización, que terá lugar o próximo domingo en Santiago, xorde como protesta ante as actuais políticas lingüísticas da Xunta. A plataforma Queremos Galego atribúe o descenso de galegofalantes ás políticas promovidas polo goberno autonómico que, segundo denuncian, poñen de manifesto un total desprezo pola lingua. Por este motivo convocan unha manifestación este domingo en Compostela na que reclamarán compromisos reais para a normalización da situación do galego. Dende a plataforma no Barbanza súmanse á convocatoria e fan un chamamento a tódolos veciños da comarca a participar nesta marcha. Haberá un servizo de autobuses que sairá ás dez e media da mañá dende Ribeira, con paradas en tódolos concellos. Terá un custo de tres euros por persoa. Os interesados poden anotarse a través do teléfono 981 87 36 54.