O executivo boirense tamén suspende o cobro de impostos e taxas

BOIRO> Ademais aprazará o cobro do IBI previsto para este mes de marzo, no período voluntario.

Precisamente esta mañá celebrábase no Concello unha reunión por videoconferencia con representantes da Asociación Boirense de Empresarios coa finalidade de analizar as medidas de reactivación económica a tomar unha vez remate o estado de alarma. Unha das primeiras accións foi a creación dunha mesa de traballo formada polo alcalde e o concelleiro de Comercio, o presidente do ABE e tamén o xerente, así como persoal administrativo do propio Concello.

Dende o Concello mostráronse colaboradores a axudar ó empresariado e ó comercio local afectado por esta crise sanitaria.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí