O claustro do concello de Noia recuperará a beleza do pasado

reformaclaustro_100_21032009.jpgNOIA> Os traballos de rehabilitación integral deste patio emprazado no interior da casa consistorial comezarán nas vindeiras semanas.

O claustro franciscano da casa do concello de Noia estará completamente rehabilitado antes da finalización deste ano. Así o anunciou esta mañá o rexedor noiés que agradeceu a boa disposición da Consellería de Cultura que financiará os traballos con douscentos vinte e catro mil euros. Tamén tivo verbas de gratitude para o anterior edil de Casco Histórico, o nacionalista Bieito González, encargado de xestionar esta achega.

Vinte anos de espera

A rehabilitación do claustro do edificio consistorial de Noia comezou a xestarse na década dos noventa, cando o goberno local e o convento de San Francisco asinaron un convenio de recualificación no que o concello noiés se comprometía a rehabilitar este obra artística, que data do século XVI, moi deteriorada polo paso do tempo. Vinte anos despois este proxecto de restauración verá a luz.

{flowplayer}barbanza/reformaclaustro.flv{/flowplayer}

Esta mañá, o rexedor noiés anunciaba o inicio das obras que executará a empresa Neorsa e que están presupostadas en 224 mil euros, aportados pola Consellería de Cultura. Os traballos de rehabilitación iniciaranse nas próximas semanas, dado que a empresa xa conta co permiso da comisión do Plan Especial de Reforma do casco histórico da localidade e a coa correspondiente licencia de obras.

Nun primeiro momento, a actuación encaminouse a recuperación do claustro seguindo a estructura orixinal, pero ao final optouse por un plan de restauración integral, no que se utilizarán ademáis de pedra, outros materiais como a madeira e o vidro.

O que si avanzou o alcalde é que se manterá a funcionalidade do claustro como peza artística polo que non se usará para emplazar ningunha dependencia administrativa. Esta previsto que a actuación esta finalizada antes do remate do 2009.

Redacción Barbanza