Feijoo respalda ós candidatos de Noia e Lousame

presentacioncandidatosppnoialousame_copia.jpgLOUSAME> O acto contou ademais con pesos pesados desta formación política, entre eles o presidente provincial, Carlos Negreira, e a conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.

{flowplayer}barbanza/presentacioncandidatosppnoialousame.flv{/flowplayer}

Ó redor duns 500 afiliados e simpatizantes do PP, tanto de Noia coma de Lousame, quixeron asistir ó acto de presentación dos candidatos desta formación política a ámbalas dúas localidades: Santiago Freire, que aspira á reelección na alcaldía lousamiana, e Antonio Pérez Ínsua, que agarda volver a empuñar o bastón de mando no concello noiés. Na súa intervención, o líder dos populares galegos, Alberto Núñez Feijoo, fixo unha aposta firme polos dous candidatos, asegurando que eran as dúas persoas mellor preparadas para dirixir a estes dous concellos. Segundo el, a pesar de que non son unhas eleccións xerais, aludiu á necesidade de acudir ás urnas o vindeiro 22 de maio, para demostralle así ó presidente do Goberno da necesidade dun cambio.

Tanto Santiago Freire coma Antonio Pérez Ínsua aludiron á necesidade de conseguir gobernos populares nos vindeiros comicios municipais de cara a seguir mellorando os servizos que se lle prestan ós veciños nestes dous municipios. O candidato do PP en Noia tivo ademais palabras de lembranza para o ex-edil popular, Xosé Manuel González, recentemente falecido.

Redacción Barbanza