Ana Lorenzo clausura o obradoiro de inserción laboral para inmigrantes

    curso_inmigrantes100.jpgVILAGARCÍA> O acceso ó mercado laboral é a principal preocupación dos inmigrantes que participaron nun obradoiro do Concello.

    {flowplayer}images/salnes/CURSO_INMIGRANTES.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA> O acceso ó mercado laboral é a principal preocupación amosada polos inmigrantes que participaron nun obradoiro organizado polo Concello de Vilagarcía.

    Nas últimas dúas semanas, o persoal da empresa Sacendi, encargada de impartir o curso, dedicou boa parte a traballar con cada un dos inmigrantes na elaboración dun perfil persoal no que quedase claro que tipo de traballos podían desenvolver. Tamén aprenderon a elaborar un currículo, a preparar unha entrevista de traballo, unha carta de presentación e a onde dirixirse como demandante de emprego.

    Durante as clases tamén se abordaron outras aspectos de utilidade para os inmigrantes, sobre todo para aqueles que acaban de chegar ó país. Por iso, se lles ensinaron pasos a seguir para acceder ó país, requisitos e trámites para conseguir a nacionalidade ou como tramitar a tarxeta sanitaria.

    Este primeiro curso práctico destinado á poboación inmigrante do municipio contou cunha excelente acollida xa que se cubriron 18 das 20 prazas ofertadas. Entre os participantes había persoas procedentes de Brasil, Colombia, Romanía, Alemaña, Nixeria e Togo.

    A Área de Igualdade e Benestar Social foi quen impulsou este obradoiro e ten intención de seguir organizando máis programas para cubrir as necesidades dos inmigrantes que acoden ós Servizos Sociais do Concello.

    Redacción Salnés