Rianxo celebra esta vindeira fin de semana a XII festa de Exaltación do Mexillón

RIANXO> Xa é unha das citas gastronómicas marcadas en vermello de tódalas festas deste tipo que se celebran no Barbanza, á que cada ano se achega un maior número de persoas.

A Festa, que organiza a Asociación Gastronómica e Cultural da Festa do Mexillón de Rianxo e o Club de Remo, desenvolverase durante toda a fin de semana nunha carpa instalada para a ocasión no Campo de Arriba.

O sábado a degustación arrancará a partir das oito da tarde e o domingo á unha do mediodía.

Serviranse unhas catro toneladas de mexillón cociñado en diferentes receitas. Coma en edicións anteriores a organización puxo moito empeño en que o produto contase coas máximas garantías, a través da súa certificación DOP.

Dende o Concello, unha das entidades colaboradoras tamén da festa, animan a acudir esta vindeira fin de semana a Rianxo e degustar así dun produto característico da nosa Ría, e contribuír tamén ó financiamento do Club de Remo local, que foi a orixe principal da festa.

Á par da propia degustación, a organización deseñou tamén un amplo programa de actividades paralelas nas que destaca para a noite do sábado a actuación do grupo folk ‘Mediarea’