Malestar en Barro ante a sinatura das actas de expropiación da PO 531

    corredoira_100.jpgBARRO> Esta mañá veciños de Curro, no Concello de Barro asistiron ó levantamento das actas previas á ocupación dos terreos que van a verse afectados…

     {flowplayer}images/salnes/230309_novidades_po_531.flv{/flowplayer}

    … polas polémicas obras de remodelación da estrada PO-531, que une Vilagarcía con Pontevedra. Os afectados por estas expropiacións amosáronse moi molestos ó verse diante das anteditas actas sen saber exactamente que parte das súas propiedades se ían a ver afectadas. Esta falta de concreción sobre as expropiacións, obrigou ós topógrafos á volver sobre ó terreo para determinar o grao de afectación de cada propiedade. Foi entón cando se viviron momentos de tensión entre os afectados.

    Os veciños entenden que esta nova rotonda a dous niveis é necesaria para regular o tráfico neste punto. Porén opóñense a construcción de vías de servicio que afectarán a dous negocios e a vivendas consolidadas de máis de cen anos de existencia. Asemade ós veciños estrañoulles a presa ca que o goberno saínte estaba a executar estas expropiacións.

    A Plataforma de afectados por estas obras de remodelación da PO 531 van a agardar a que o novo conselleiro de política territorial tome posesión do seu cargo para solicitarlle información sobre o proxecto que se vai a executar finalmente nesta estrada.

    Redacción Salnés