Éxito de público nas actividades da ‘Fiestra da Cultura’

RIBEIRA> Máis dun cento de persoas asistiron no Auditorio Municipal a unha representación de monicreques a cargo da compañía Artello Teatro. O espectáculo, baixo o título de ‘Cinderella Mix’ formaba parte da programación deseñada dende a concellería de Cultura que dirixe Elvira Pisos dentro da Fiestra da Cultura. Para a realización da actividade o concello recibiu a colaboración da Axencia Galega das Industria Culturais, AGADIC, dependente da Xunta de Galicia.