Clausúrase en Cambados a primeira xuntanza de traballo de NEA 2

    foto_nea_2_100.jpgCAMBADOS> A primeira xuntanza de traballo da NEA 2 remataba hoxe en Cambados logo de dous días de posta en común dos representantes…

     {flowplayer}images/salnes/240309_clausura_reunion_nea.flv{/flowplayer}

    … das once rexións participantes da franxa costeira atlántica. Estas intensas xornadas de traballo foron moi fructíferas, segundo os participantes, posto que os representantes dos 5 países membros foron quen de sentar o punto de partida de ata 17 futuras accións, que axudarán, entre outras cousas, a dinamizar estas rexións por medio do turismo náutico e a desenrolar a práctica destas actividades achegándoas a tódolos públicos.

    A xefa de Fila do proxecto, Anne Maria Hodemont destacou as comisións nas que se ía a basear este ambicioso proxecto que conta cun orzamento global de mais de catro millóns de euros, dos cales case 100.000 euros serán investidos en Cambados o longo dos vindeiros tres anos.

    A característica diferencial deste proxecto é a transnacionalidade, de xeito que as accións a desenrolar en cada rexión deberán estar conectadas co resto das zonas integradas, co fin de que os beneficios redunden no maior proveito do conxunto e axudar así a consolidar unha marca de Espacio Atlántico no sector náutico no prazo duns 15 ou 20 anos.

    Os participantes gabaron a oportunidade de desenrolar esta primeira reunión de traballo en terras galegas, unha rexión que ten un importante peso específico neste sector e que ademais conta cun enorme potencial para un futuro desenvolvemento.

    Redacción Salnés