Pérez pide a implicación da Xunta para impulsalos proxectos existentes

    touris_grovecopy.jpgGROVE> O alcalde meco facía esta demanda ó Delegado da Xunta en Pontevedra durante a xuntanza que mantiveron con membros do goberno.

    {flowplayer}images/salnes/VISITA_TOURIS_GROVE.flv{/flowplayer}

    Esta primeira xuntanza entre o alcalde do Grove e o Delgado da Xunta en Pontevedra dilatouse durante case unha hora á que tamén asistiron varios membros do goberno entre os que se atopaba a edil de Alternativa Meca.

    Un encontro no que tiveron ocasión de facer un repaso ós proxectos que hai pendentes no Grove, coma o caso do Centro de Día, o pavillón municipal ou a ordenanza urbanística, polo que o rexedor local solicitou a implicación do representante da Xunta.

    No tocante á depuradora, o actual rexedor popular informou que xa está iniciado o proceso de expropiación polo que só resta pór á disposición da empresa adxudicataria os terreos para inicialas obras.

    Pola súa banda, o Delegado da Xunta en Pontevedra anunciou que a vindeira semana desprazarase ata o municipio o xefe territorial de Educación para tratalos problemas existentes nesta materia no Grove; entre elas as obras do colexio Rosalía de Castro ou os existentes no centro Conmeniño.

    Por último, Cores Tourís puxo de relevo os douscentos sesenta mil euros que recibiu o concello para contratar, a través dos Plans de Cooperación da Xunta, a 25 traballadores para empregar no Grumir, no servizo de socorristas e operarios para servizos varios.

    Redacción Salnés