8 establecementos participarán no primeiro concurso de tapas de Ribadumia

RIBADUMIA> 8 establecementos participarán na primeira edición do concurso de tapas ‘tapa o teu baldón’ de Ribadumia. Cada un dos locais ofertará por un euro e medio unha tapa cuxo requisito é que o petisco inclúa ou case ben con viño tinto. O concursos permitirá potenciar os establecementos hostaleiros de Ribadumia á vez que poñer en valor o viño tinto e as variantes autóctonas.

A comisión de festas do viño tinto de Barrantes non se conforma só con organizar unha das festas máis grandes da comarca do Salnés, se non que tamén quere continuar potencia a hostalería e o viño tinto da vila durante máis semanas. Como preludio das festas principais, a comisión presenta a primeira edición do concurso de tapas ‘tapa o teu baldón’.

Na edición participarán 8 establecementos cada un cunha tapa cuxo prezo será dun euro e medio. O requisito é que o petisco inclúa ou case ben con viño tinto.

O concurso de tapas inclúe dous premios, un para os clientes e outros para os locais hostaleiros. Os que se acheguen a gozar das tapas poderán selar un papel cos petiscos que probaron. Se completa os 8 locais entrarán nun sorteo.

Os clientes, se conseguen tres selos tamén poderán votar á tapa que consideren que é a mellor. Este premio obtense mediante a votación do público e dun xurado anónimo. Dende os locais consideran que este concurso é unha oportunidade para promocionar os seus negocios.

Dende o concello tamén mostran a súa gratitude á comisión por organizar un concurso que permite poñer en valor o viño tinto e a hostalería de Ribadumia.

O concurso celebrarase entre o 17 e 21 de maio nos establecementos indicados. Os clientes deberán consultar os horarios xa que algún establecemento non terá a oferta das tapas durante todo o día.