37 anos de prisión para cada un dos acusados do crime de Silleda

    sentencia_xuizo_silleda100.jpgPONTEVEDRA> Xa hai sentenza no xuízo polo crime de Silleda, no que faleceron os arousáns Víctor Manuel González Silva e Santiago Mondragón Paz.

    {flowplayer}images/salnes/SENTENCIA_XUIZO_SILLEDA.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA> Xa hai sentenza no xuízo polo crime de Silleda, no que faleceron os arousáns Víctor Manuel González Silva e Santiago Mondragón Paz.

    O maxistrado da Sección Segunda da Audiencia de Pontevedra ratificou as penas solicitadas polo fiscal avalando a tese deste e do xurado. Así, considera que José Ramón Rey Docampo e Juan José Bertolo Ferreiro foron os asasinos, e que este último foi o autor material dos disparos. A condena fixouse en total, en 35 anos de cárcere para cada un e inhabilitación absoluta polo mesmo tempo. A isto hai que engadirlle outro ano e 9 meses de prisión para cada un por tenencia ilícita de armas.

    O terceiro dos encausados, Carlos Montoto Sanmartín, foi condenado a tres anos de prisión por encubrimento. Tempo que xa cumpriu de forma preventiva, e con 10 meses de máis, no penal da Lama. Deste xeito, a sentencia ratifica o auto de 13 de marzo no que se decretou a súa liberdade. Os tres acusados son condenados ademais a abonar as costas xeradas e a pagar de forma solidaria indemnizacións ós familiares das vítimas. Sen embargo, Bertolo, Montoto e Rey foron declarados insolventes, una cualificación que ratifica o fallo.

    O xuíz considera probado que Bertolo e Rey trasladaron ós dous arousáns a unha pista de Dornelas en Silleda o 26 de maio de 2005, e que o primeiro foi o autor material dos disparos. O fallo di que ambos acusados se moveron cun plan preconcibido e que o móbil foron negocios non clarificados. En canto a Montoto, o fallo establece que colaborou cos asasinos no encubrimento dos feitos.

    Redacción Salnés