A crise multiplica as doazóns solidarias na Arousa

    caritas_100.jpgVILAGARCIA> Cáritas Interparroquial da Arousa presentou esta mañá a memoria anual do exercicio anterior, na que se recollen os balances

    {flowplayer}images/salnes/16072010_memorial_caritas.flv{/flowplayer}

    … de gastos e ingresos relativas o funcionaban dos seus servicios solidarios como son o comedor social, o comedor sobre rodas, o servicio de hixiene, roupeiro, a lavandeira, os invernadoiros e a casa de acollida. O global destes servicios deu en aumentar o número de asistencias, posto que ca crise multiplicouse a demanda. Un total de 200 voluntarios de diversa índole traballan nesta ong nos concellos de Cambados, Catoira, Vilagarcía, a Illa e Vilanova da Arousa.

    A maiores da prestación dos anteditos servicios, Cáritas traballa tamén na recollida de fondos ó longo de todo o ano con actividades de caracter social como son as recolectas, exposicións de arte, ou concertos de panxoliñas, entre outros. Estas axudas, lonxe de verse minguadas pola crise deron en aumentar nos últimos tempos.

    Nesta anualidade esta organización sen ánimo de lucro conta cun orzamento de 200.000 euros, ademais de numerosas colaboracións de organismos locais, autonómicos, provinciais e estatais. Con todo, seguen precisando de máis axuda, co que fan un chamamento, unha vez máis, á solidariedade da comarca.

    Redacción Salnés