O segundo tramo do corredor Brión-Noia estará rematado no 2010

carideobrascorredorbrionnoia_100_24032009.jpgNOIA> María Xosé Caride, vistou as obras da segunda fase deste vial, correspondentes ó treito entre Brión e Martelo

A Conselleira de Política Territorial en funcións destacou o bo ritmo ó que marchan os traballos da infraestrutura que se abrirá ó tráfico a comezos do vindeiro ano.

O treito Brión – Martelo comprende un trazado de máis de nove quilómetros nos que o departamento autonómico investiu preto de 50 millóns de euros. Na actualiade, as obras no periodo de tempo establecido no prazo de execución, co 70 por cento do movemento de terras executado, o noventa por cento das obras de drenaxe e a metade dos pasos inferiores.

{flowplayer}barbanza/carideobrascorredorbrionnoia.flv{/flowplayer}

Esta segunda fase vén complementar as obras do treito Martelo-Noia iniciadas en decembro do pasado ano e que contan cun orzamento de 41 millóns de euros.

O corredor que conecta Brión con Noia entrará en servizo na súa totalidade a comezos de 2011 permitindo unha notable mellora das comunicacións da comarca Muros-Noia coa capital galega. Este corredor complementa a autovía Santiago-Noia, coa que estará conectado directamente, que leva en servizo máis dun ano.

Ademais, o corredor está deseñado para o seu futuro desdobramento en autovía, de modo que se poida dar resposta ó incremento das necesidades do tráfico sen proceder a novas expropiacións e obras de maior envergadura.

Redacción Barbanza