Sara Vila presenta en ‘Pontevella’ a súa novela

PONTEVEDRA> Unha moza desapareceu na cidade de Pontevella e a xornalista Antía Ubeira ten que cubri-lo caso. Esta é a carta de presentación de ‘Oito días sen Eva cortes’, a novela da pontevedresa Sara Vila, gañadora do Premio Illa Nova de Narrativa de Galaxia. Despois de moito agardar, a escritora puido por fin presenta-lo seu libro na Boa Vila. Foi na Librería Paz, onde tamén estivo un equipo de Canal Rías Baixas.

Había tempo que a escritora Sara Vila quería falar do seu libro na súa cidade, en Pontevedra. A pandemia obrigou a adia-la súa presentación en máis dunha ocasión, ata agora. A librería Paz foi o escenario para a posta de longo de ‘Oito días sen Eva Cortes’.

A novela fíxose co Premio Illa Nova de Narrativa de Galaxia o ano pasado. Xirra arredor da desaparición dunha moza na cidade de Pontevella, nome fiticio dunha Pontevedra imaxinada pola autora.

O libro afonda tamén no tratamento mediático que recibe o caso e como os medios van máis alá. Fai unha reflexión entorno á tranformación dos feitos nunha noticia sensacionalistas, tirando dos prexuízos que pesan sobre unha muller nova que emprega aplicacións para ligar. Unha trama completa que está a conquista-lo público.

A xornalista confesa que na súa mente xa hai algunha idea para un segundo libro. Con todo, polo momento, di, nada plasmado sobre o papel.

Trala tan desexada presentación en Pontevedra, Sara Vila continuará promocionando en vindeiras datas o seu primeiro traballo. Por exemplo, estará tamén na Festa dos Libros da cidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí