Aprendendo a non estragar comida no Día Mundial da Alimentación

SALNÉS> O 16 de outubro está marcado no calendario como o Día Mundial da Alimentación; unha efeméride na que a ONU alerta sobre a gran cantidade de alimentos en bó estado que tiramos. De feito España é un dos países que máis comida estraga; aínda que, dentro diso, Galicia é unha das Comunidades que menos despilfarra. As estatísticas reflicten que en España se desperdicia un tercio dos alimentos que se venden, o que supón algo máis dun millón e medio de toneladas. Facendo a media, danos que cada cidadán tiraría cadanseu medio quilo de alimentos por semana, aínda que o seu estado de deterioro non impida comelo. Porén, Galicia é unha das Comunidades que menos comida estraga, principalmente a poboación máis lonxeva. Son datos que se dan a coñecer pola ONU neste día Mundial da Alimentación. Unha xornada na que acudimos á Praza de Vilagarcía a coñecer dos espertos a mellor forma de manter en bo estado os alimentos. Un dos produtos máis sensibles son a carne e o peixe. Unha vez que os mercamos, nada máis chegar a casa debemos quitarlles o plástico e refrixeralos axeitadamente, preferentemente na parte baixa do electrodoméstico. Amais hai que evitar que se estrague ó amontoar o produto; ó poñer varias lascas, toros ou rebandas separándoas entre si. Outras recomendacións válidas para non tirar tanta comida son as de planificar os menús de xeito semanal,comprando as cantidades xustas que precisamos; ou almacenar na despensa. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/DIAMUNDIALALIMENTACION.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/16/DIA_ALIMENTACION.mp4{/flowplayer}