‘Fundiciones Rey’ celebra os 70 anos cun proxecto de expansión no Pousadoiro

    VILAGARCÍA> Fundiciones Rey, en Rubiáns, cumpre 70 anos. A empresa quixo celebrar a efeméride cunha visita do delegado territorial da Xunta e o alcalde de Vilagarcía, ós que lle presentaron un proxecto de ampliación das súas instalacións coa apertura dunha nova nave no polígono de O Pousadoiro.

     

    Despois de superar un ERE de catro meses no 2010, Fundiciones Rey está a preparar un proxecto de expansión. Un plan que contempla a construción dunha nave nunha parcela de 8 mil metros cadrados no polígono de O Pousadoiro.

    Esta mañá, as instalacións de Rubiáns recibiron a visita do delegado territorial da Xunta e do alcalde de Vilagarcía. Aínda que o plan de expansión está sen pechar, ambos manifestaron a súa disposición a darlle o apoio institucional.

    Para Tomás Fole, a empresa é un exemplo de cómo adaptarse á nova situación creada pola crise, e celebrou que Vilagarcía poida contar con empresas potentes que axuden a manter o seu tecido industrial.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/19/fundiciones_rey.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/03marzo/19/fundiciones_rey.mp4{/flowplayer}