As florerías ultiman os preparativos para o Día de Tódolos Santos

    floreriacopy.jpgVILAGARCÍA> Esta mañá visitamos a Florería Begoña para coñecer como traballan estes días nos que ven incrementada a súa xornada laboral.

    {flowplayer}images/salnes/REPOR_FLORISTERIA_BEGONA.flv{/flowplayer}

    Uns douscentos encargados é a cifra que esta florería de Vilagarcía ten previsto preparar ó longo desta semana para o Día de Defuntos. E é que, aínda que a crise tamén se deixa notar, á hora de facelos pedidos, a dona deste establecemento recoñece que a xente para este día fai un esforzo especial.

    Crisantemos, orquídeas ou margaridas seguen a ser as flores máis escollidas e que non faltarán en máis dun panteón, aínda que, nestas datas vexan incrementado o seu custe.

    Neste establecemento, coma acontece na maioría das florerías, ven incrementado a súa xornada laboral. Begoña mesmo non descarta ter que traballar a última noite para que estea todo lista para o día de honrar ós nosos defuntos.

    E para os máis despistados ou para as compras de última hora, lembren que nesta florería terán reservas para atendelos, no propio día de Tódolos Santos.

    Redacción Salnés