O PP meco acusa ao alcalde de discriminar aos construtores locais

    fondodeinversionlocalgrove100.jpgO GROVE> Das dezaseis actuacións previstas no municipio co orzamento do Plan Anticrise, solo dúas están encargadas á construtores locais, segundo o PP.

    … O goberno central destinou un orzamento de dous millóns de euros ao concello do Grove para incentivar o emprego no sector da construción. Esta partida destinarase á realización de dezaseis proxectos, elixidos polo concello. O grupo de goberno tamén foi o responsable de escoller as empresas da construción para a realización das obras. Unha decisión que hoxe criticou duramente o portavoz do PP no Grove. Miguel Ángel Pérez acusou ao alcalde de traizoar aos construtores locais, que solo acometerán dúas, ou tres, das dezaseis obras que contempla o Plan Anticrise, no Grove.

    Segundo a información que recadou o Partido Popular, solo o 15% do orzamento irá destinado a obras acometidas por construtores do Grove. O 85% restante, dedicarase a pagar obras realizadas por empresas de Pontevedra e, sobre todo, de Sanxenxo.

    O PP ESIXE EXPLICACIÓNS 

    Os populares mecos enviarán estes datos aos empresarios locais coa fin de crear unha plataforma en contra do reparto das obras. O PP local presentará un rogo no vindeiro pleno do concello para solicitar que esta práctica non se volva a repetir. Segundo Miguel Ángel Pérez, o reparto das obras é definitivo e non se poden modificar.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/260309_pp_grove_plan_anticrise.flv{/flowplayer}