Bertín Osborne comeza a súa xira en Sanxenxo para promocionar a Marca España

    O cantante Bertín Osborne inicia esta noite a súa nova xira “Crooner II” en Sanxenxo. Unha cita musical enmarcada no Ciclo de Concertos Q, e que onte á tarde se presentou nesta localidade das Rías Baixas, contando coa presenza, entre outros, da Directora de Turismo Nava Castro, e o célebre artista. Sanxenxo é o lugar do mundo escollido polo coñecido cantante Bertín Osborne, para inaugurar a súa nova xira, “Crooner 2 “. Faino tras recibir o Premio Q de Calidade Turística en recoñecemento á súa traxectoria e á súa defensa da calidade e da marca España. Unha constante que o converteu en embaixador desta Q. Tal e como destacou o alcalde de Sanxenxo, durante a presentación do Ciclo de Concertos Q que tivo lugar onte na localidade, e á que asistiron tamén a directora de Turismo, Nava Castro, e o presidente do ICTE Miguel Mirones. Concertos Q O alcalde da vila, Telmo Martín, agradeceu ó cantante que elixira Sanxenxo para dar comezo á súa xira. Miguel Mirones, presidente do Instituto de Calidade Turística Española, subliñou a relevancia da actividade e o papel do cantante Bertín Osborne levando o nome do país polo mundo adiante. O artista quixo subliñar durante a presentación o agarimo que lle ten á nosa terra, así como o orgullo que sinte cando viaxa por outros países representando a marca España. O show de Bertín Osborne comeza ás dez e media desta noite, un espectáculo onde interveñen máis de 20 músicos sobre o escenario, que interpretarán baladas de sempre, rancheras, e o seu último xénero, como Crooner, e unha Big Band de 15 músicos ó máis puro estilo jazz americano. A cita comeza ás nove e media na praza do mar de Sanxenxo e a entrada é gratuíto.