RIBADUMIA> Chega a quinta edición do Festival de Bandas de Música de Ribadumia. A cita vai ser este vindeiro sábado no auditorio municipal. Na proposta, ademais da formación anfitrioa -a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia-, participarán a banda de música de Arca e a de Agolada.
A música volverá soar con forza esta fin de semana en Ribadumia. O auditorio municipal acolle o sábado a quinta edición do Festival de Bandas de Música. Como anfitrioa a Agrupación Músico-Cultural do municipio.
Como formacións convidadas, a banda de música de Arca e a de Agolada. Dende a organización e o concello animan á veciñanza a participar na proposta. Tamén aproveitar a ocasión para visitar a mostra de Javier Padín que tamén se expón no auditorio.
O festival será este sábado ás 8 da tarde.











