Os afectados polas obras de Sacyr presentan unha queixa ante o Valedor

    queixavaledorafectadoxaras_100_260309.jpgRIBEIRA> A Plataforma de Afectados polas obras da Autovía do Barbanza vén de presentar unha queixa ante o Valedor do Pobo.

    {flowplayer}barbanza/queixavaledorafectadosxaras.flv{/flowplayer}

    O motivo foi a instalación, por parte de Sacyr, dunha marquesina nun terreo que segundo eles é privado. En concreto trátase da finca propiedade da empresa Xarás S.L., a carón da rotonda alí emprazada, pola que dende hai tempo veñen mantendo unha disputa coa empresa construtora da autovía polo que consideran unha ocupación indebida.

    No escrito enviado ó Valedor os representantes da Plataforma explicanlle todo o proceso levado a cabo por operarios da empresa Sacyr o pasado día 10 de marzo, que lle deron traslado á marquesina de autobús dende onde estaba, na propia rotonda del Xarás, a unha nova ubicación, en fronte do restaurante Albariño, nun terreo do que tampouco dispoñen de permiso para realiza-la correspondente expropiación.

    Indefensos

    Ante este feito decidiron acudir ó Valedor ó considerarse nunha situación de indefensión total fronte á Xunta que os está a tratar dun xeito improcedente. Xunto á exposición de motivos, tamén lle remitiron ó Valedor a copia dunha nota informativa, emitida polo rexistro da propiedade de Noia que, segundo eles, demostra que ese terreo é privado, así como fotografías da zona en cuestión. Na documentación remitida tamén se lle notifica que non existe ningunha reclamación administrativa nin se presentou recurso algún, e que non hai ningún procedemento xudicial aberto por este asunto.

    A súa intención pasa fundamentalmente porque o Valedor realice tódalas xestións que sexan necesarias para que a Xunta de Galicia proceda á retirada da dita marquesina ou para que se ateñan ó procedemento expropiatorio que, en todo caso, debería iniciar Política Territorial para facerse legalmente con estes terreos.

    Redacción Barbanza