O Concello remitirá o luns á Xunta o expediente do Pazo de Baión

    pazo_baion100_270309.jpgVILANOVA> Condes de Albarei, de momento, recibe boas novas sobre o proxecto de rehabilitación do Pazo de Baión.

    {flowplayer}images/salnes/PAZO_BAION.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> O Concello de Vilanova leva este luns a pleno a modificación puntual número 13 das Normas Subsidiarias para a inclusión de novos usos en fincas singulares. O asunto é importante, sobre todo, para o desenvolvemento do proxecto de rehabilitación do Pazo de Baión, impulsado pola adega Condes de Albarei.

    O proxecto de rehabilitación, valorado en 3,4 millóns de euros e deseñado polo arquitecto César Portela, estivo a exposición pública no Concello de Vilanova e non se presentou ningunha alegación. Condes de Albarei quere converter o pazo de Baión nun símbolo do turismo enolóxico, con salas de cata e exposicións, zonas de descanso e mesmo habilitar algunhas habitacións como aloxamento hoteleiro.

    A intención é abrilo ó público en 2010, pero isto depende de varias administracións. A adega precisa ter licenza municipal de obra a máis tardar o 30 de abril para non perder as subvencións que ten solicitadas.

    Redacción Salnés