CAMBADOS> O Concello de Cambados vai crear unha nova bolsa de estacionamento no polígono de Sete Pías. En total, hai proxectadas un cento de novas prazas, ante a demanda provocada polo aumento da actividade empresarial. Ademais, vaise acometer unha reordenación do tráfico e asfaltaranse varias rúas.
O Concello de Cambados vai acometer unha seríe de melloras no Polígono de Sete Pías, ante o incremento da súa actividade. Ante a afluencia de máis persoas, vaise habilitar un cento de novas prazas de aparcadoiro.
O espazo para as novas prazas váiselle comer ás vías, o que implicará que algunhas pasen a ser de sentido único.
Ademais,tamén se vai executa-la segunda fase dun proxecto de pavimentación de rúas
O conxunto dos traballos rolda os 120.000 euros, co 80% procedentes dunha axuda da Xunta. As obras comezarán no mes de setembro.