Os socialistas elixirán ó secretario provincial sen Pose na lista

    fotoposecopia.jpgPONTEVEDRA> Así o dixo o que fora candidato á alcaldía de Vilagarcía, no Comité Executivo Provincial do PSOE. A elección será o vindeiro 9 de xuño.

    {flowplayer}images/salnes/ReaccionsRenunciaModesto.flv{/flowplayer}

    Pose asegurou que se trata dunha decisión reflexionada, e que a toma porque nestes momentos perdeu xa parte da enerxía necesaria para dirixir un partido como secretario xeral. Malia todo, o socialista continuará traballando para o partido, farao en segunda ou terceira liña, a decisión déixaa en mans da futura executiva.

    Unha executiva que comeza xa a ser o punto cara o que se botan tódalas miradas. Sen confirmacións oficiais de ningún tipo son dous os nomes que empezan a soar. Por unha banda o ex rexedor grovense, José Antonio Cacabelos e pola outra o alcalde de Caldas Juan Manuel Rey. Este último valorou o traballo feito por Pose nestes anos e como fixera o vilagarcián no comité tamén quixo apelar a necesidade da unidade. Posto que non se pode dirixir un partido desde a división.

     A pesares de ser a unidade un elemento clave nese Congreso do próximo 9 de xuño onde se elixirá o secretario xeral, Pose tamén deixou claro que se se presentaran varias candidaturas debería verse con normalidade e mesmo como algo san. O elemento imprescindible para elo, é que o que decida dar un paso á fronte o faga con ganas e ilusión.

    Juan Manuel Rey non quixo facer referencia as voces que apuntan o seu nome como un dos posibles candidatos a converterse no sucesor de Modesto Pose. Dixo o rexedor caldense que non é unha decisión que teña tomada e que chegado o momento tería que valoralo tendo en conta o seu traballo no Concello.

    Reacción Salnés