O Portonovo buscará a súa cuarta victoria consecutiva

futbol250_270309.jpgSALNÉS> Prepárase unha nova fin de semana de futbol na Terceira. Por unha banda Arousa e Portonovo continúan na súa loita pola permanencia, esta xornada enfrontaranse a dous conxuntos que loitan por meterse en playoff. Menos apurados atópanse Céltiga e Vilalonga que buscarán sumar para achegarse á salvación matemática.

O segundo mellor equipo coma visitante acude á Lomba esta xornada. O Alondras de Juan Carlos Andrés, quinto na táboa e inmerso na loita por meterse en playoff. Un conxunto que gañou en sete dos últimos dez desprazamentos a Vilagarcía, os últimos catro de xeito consecutivo.

Pero máis necesitados están os de Pablo Vázquez que queren canto antes reencontrarse coa victoria e facer do seu campo un fortín de aquí ó final de temporada; por ahí poden pasar as opcións de salvación.

Santos e Nelo, cun dedo roto, serán baixa. Tamén é seria dúbida Miguel, que arrastrou durante estes días problemas nun aductor.

Mellor lle van as cousas a un Portonovo que saíu dos postos de descenso a semana pasada e que suma tres victorias consecutivas. Visitan o Roxo para enfrontarse a un Cerceda que pelexa pola cuarta posición precisamente co Alondras. Eso sí, non poderán dispoñer para este partido do seu goleador Felipe, sancionado.

Marcos Canle, recupera no cadro portonovés a Tinaia e Baptiste aínda que podería perder a Castilla por gastroenterite.

Máis relaxados pola súa situación na táboa atópanse Céltiga e Vilalonga que queren canto antes atar a súa permanencia para ter un final de temporada tranquilo.

Os celestes reciben a un Rápido de Bouzas necesitado. Gabi Leis non poderá contar nin con Diego Blanco nin con Iago, tocado dende o partido ante o Gran Peña.

O Céltiga rematará o seu particular Everest esta semana ante o Ourense con moitas baixas en mediocampo dada a sangría de amonestacións sufridas ante o Compos o domingo pasado. Cardeñosa, Camiño e Óscar Blanco non estarán por este motivo. No cadro ourensanista perderase o partido pola mesma razón Adrián.

Redacción Salnés