Os Ingleses descenden de categoría por falta de sponsor

plantilla_deportesrugby_copia.jpgVILAGARCÍA> Xogará a próxima tempada na Liga Autonómica. Debido á crise económica non podían facer fronte ó custe de inscrición na Liga Nacional.

{flowplayer}images/salnes/INGLESES.flv{/flowplayer}

O presidente da entidade Fito Brea, recoñece que a decisión é dolorosa pero é a mellor para o club, pois non querer acumular débedas. A intención é descender mantendo a gran parte da plantilla, o que lles permitirá, sobre o papel, solventar con facilidade unha liga que é moito menos competitiva.

Así, o obxectivo, é poder evitar os gastos de inscrición e desprazamento para regresar á Nacional B no futuro, con todas as garantías, tanto deportivas como económicas. O club leva un ano sen contar cun patrocinador principal.

Nas últimas semanas, o equipo tratou de conseguir un sponsor sen logralo. Deste xeito, teñen que facer fronte ó custe de inscrición, que ascende a 5.000 euros e ós 150 euros de cada ficha. En cambio, na liga autonómica, a inscrición é de só 600 euros. Ademais, destes gastos, o club tamén esta a ver como as súas categorías inferiores se incrementaban notablemente nas últimas tempadas.

A decisión vaise comunicar á Federación Española esta mesma semana, pero os xogadores e o corpo técnico, con coñecedores da situación dende fai varios días.

Redacción Salnés