Barça e Rayo competirán no torneo benxamín ‘Cidade de Vilagarcía’

SALNÉS> O torneo Cidade de Vilagarcía suma dous grandes ao seu plantel de competidores.

O Fútbol Club Barcelona e o Rayo Vallecano xa confirmaron a súa participación na competición benxamín, que se celebrarán en A Lomba entre o 19 e o 21 de xuño. Os cataláns aceptaron participar tras estudar a información e recibir boas referencias do torneo de equipos que xa xogaran noutras edicións. No caso do Rayo, foron os seus técnicos os que solicitaron asistir. Madrid tamén estará representada polo CD Canillas, Las Rozas CF, CD Ciudad de Pinto e AD Alhóndiga, que repite no torneo. Dende a directiva do Arosa celebraron o éxito do torneo “Cidade Vilagarcía”, que puxeron en marcha hai só catro anos.