![]()
SANXENXO> O BNG e o PSOE de Sanxenxo aseguran que os membros do goberno municipal, que contan con seis dedicacións exclusivas…
{flowplayer}images/salnes/270309_oposicion_sanxenxo.flv{/flowplayer}
… non están cumprindo co traballo que lle corresponde, malia a cobrar soldos millonarios. P
or unha banda, os socialistas non ocultaron a súa estrañeza pola falla da aprobación dos orzamentos para este ano 2009, cando xa está a piques de rematar abril. O grupo municipal do puño e da rosa entende que esto se debe á existencia dun gran burato económico que ten este concello e que están esperando para subsanar cunha suposta importante achega, ben da Deputación de Pontevedra ou ben do novo Goberno da Xunta. Para chegar ó fondo desta cuestión, o PSdeG sanxenxino vai a pedir explicacións públicas no vindeiro pleno municipal, que se celebrará o martes, sobre as débedas contraídas polo concello ata a data cos seus provedores.
Pola outra banda, os nacionalistas láianse de que o concello de Sanxenxo aprobase hoxe as tarifas para o programa estival Paifillonai, cunha suba do 20 % con respecto á edición anterior. Con esta medida, o BNG entende que se está a rebaixar custes nestes momentos de crise desatendendo ás áreas de benestar social; provocando con iso serios problemas nas economías familiares máis necesitadas.
Redacción Salnés






