![]()
SALNES> Foi unha boa fin de semana para Arousa e Portonovo. Os de Canle empataron sen goles nun complicado campo como o de Cerceda mentres que os vilagarciáns reencontráronse coa victoria na Lomba e venceron ó Alondras por 3-2.
{flowplayer}images/salnes/arousa_300309.flv{/flowplayer}
Cinco xornadas despois do Arousa volveu a gañar para colleitar tres puntos que non o sacan do descenso pero sí da última pocisión da xeral. Os de Pablo Vázquez completaron un bo partido sobre todo no aspecto ofensivo.
O xuvenil Manu Conles abríu o marcador ós 35′ da primeira metade. Co marcador a favor os vilagarciáns estiveron máis a gusto ante un Alondras que tocaba e tocaba pero non creaba perigo.
Luis Alberto fixo o 2-0 no primeiro minuto da segunda parte, pero dous despois Iago recurtaba diferencias para os de Cangas. Ahí entráronlle as dúbidas ó Arousa. Puido sentenciar en varias ocasión pero en vez de iso chegou a igualada visitante a oito para o remate.
Cando semellaba que ía rematar en táboas apareceu o pichichi Hugo, no 88′ para marcar o terceiro e deixar os puntos na casa de xeito merecido. O Arousa afrontará agora dous partidos consecutivos lonxe da Lomba ante Verín e Negreira.
O Portonovo pola súa parte continúa fora dos postos de descenso, cun punto de vantaxe sobre o propio Arousa grazas ó empate de onte ante o Cerceda (0-0). E iso que os de Marcos Canle foron durante moitos minutos superiores ó seu rival, ó que meteron no seu campo. Tiveron as ocasións pero non resolveron e por iso non se trouxeron os tres puntos.
Pese a todo, empate positivo nun campo difícil e que outorga certa moral para afrontar ante Compostela e Ourense dous choques moi complicados.
Redacción Salnés









