A Deputación entrega unha ambulancia á Cruz Vermella de Noia

ambulanciadeputacionnoia_100_30032009.jpgNOIA> A administración provincial destinou 54 mil euros á adquisición deste novo vehículo

A Deputación de A Coruña destinou máis de cincuenta e catro mil euros a adquisición dunha ambulancia para a sede de Cruz Vermella en Noia. O presidente do ente provincial, Salvador Fernández Moreda fixo entrega do vehículo medicalizado aos representantes da a asamblea noiesa da entidade humanitaria.

Así, a Cruz Vermella de Noia xa dispón dunha nova ambulancia, que axudará a reforzar o equipamento e cubrirá a carencia desta clase de vehículos que ten a entidade humanitaria. No acto de sinatura do convenio de cesión estiveron presentes o presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda, a presidenta autonómica da Cruz Vermella, Carmen Colmeiro e os responsables desta entidade a nivel provincial e local, membros do voluntariado e o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero.

{flowplayer}barbanza/ambulanciadeputacionnoia.flv{/flowplayer}

Por la súa parte, Salvador Fernández Moreda salientou o compromiso que a Deputación de A Coruña coas organizacións humanitarias que teñen como obxectivo o desenvolvemento de proxectos solidarios. Asemade, fixo fincapé no importante labor que a Cruz Vermella leva a cabo en todos os municipios da provincia.

A Deputación de A Coruña destinou cincuenta e catro mil cincocentos euros a adquisión desta ambulancia medicalizada que vén a súmarse aos outros dous vehículos cos que conta a asamblea local de Noia.

Redacción Barbanza