Fernández Moreda visita a ampliación da estrada de Argalo

visitamoredaestradaargalo_100_30032009.jpgNOIA> Os traballos  consistiron na mellora das canalizacións, construcción de beirrúas, muros de contención e pavimentación.

Esta actuación foi financiada pola entidade provincial con máis cincocentos vinte e cinco mil euros. As obras concluiron hai escasos días, co pintado das sinais viarias no firme e ampliación dunha pequena ponte.

Malia tratarse dun vial da rede secundaria rexistra un alto volume de tráfico diario que se incrementa notablemente na época estival xa que se usa como atallo polos conductores que regresan das praias para evitar as retencións do núcleo urbano.

{flowplayer}barbanza/visitamoredaestradaargalo.flv{/flowplayer}

O tramo arranxado ten unha extensión de preto dun quilómetro e medio de lonxitude. A execución desta actuación levouse a cabo en duas fases. Na primeira investíronse 420 mil euros na construción de beirarrúas, colectivos de pluviais e pavimentación da calzada. Tamén se realizaron obras de alongamento e mellora do trazado.

Á segunda fase destinouse unha contía de máis de noventa e oito mil euros que se investiron na construción de andeis peonis para garantir unha circulación máis segura aos veciños e a na dotación de muros adosados nos noiros laterais da estrada.

Proxecto de mellora viaria

Salvador Fernández Moreda anunciou unha actuación na estrada provincial 5706 que da acceso a praia de Testal, ao abeiro do Plan de conservación de viais 2009 que proximamente porá en marcha a Deputación coruñesa. O proxecto, presupostado en preto de cen mil euros, permitirá mellorar o firme desta estrada e dotala de beiravias.

Redacción Barbanza