O artista Manuel Ayaso entrega ó concello de Ribeira un total dez obras

RIBEIRA> As pinturas estarán expostas na casa de cultura de Aguiño, a súa localidade natal.

O salón de plenos acollía esta mañá o acto de entrega das pinturas. En total serán dez cadros de temática variada que o artista Manuel Ayaso realizou ‘ex proceso’ para o Concello e que estarán expostos na casa de cultura de Aguiño, a súa localidade natal e cuxas instalacións levan tamén o seu nome.

No acto tomaron parte tamén representantes dos distintos grupos políticos que conforman a corporación municipal, que coa súa presenza quixeron agradecer tamén a achega de Ayaso.

O artista aproveitou o acto para anunciar a súa intención de facerlle entrega tamén ó Concello dunhas tres mil obras máis dos seus fondos, incluíndo creacións doutros artistas internacionais.

O alcalde, Manuel Ruíz, agradeceu a doazón realizada polo artista, anunciando a intención do Concello de buscar tamén unha sede permanente para a súa obra, para a que se barallan dúas opcións.