O PSOE aproba en solitario a recualificación en Con do Sol

    310309_pleno_illa100.jpgA ILLA> O goberno local aprobou en solitario a recualificación dun terreo situado en Con do Sol.

    {flowplayer}images/salnes/310309_PLENO_ILLA.flv{/flowplayer}

    A ILLA> Pasou hai dous anos e volveu a suceder onte no pleno da Illa. O grupo de goberno convocou un pleno extraordinario e incluíu na orde do día a modificación puntual número 1 do PXOM. Isto permite a construción de tres bloques de vivendas na parcela Con do Sol.

    BNG e PP opuxéranse entón e volveron a facelo na sesión celebrada onte ó entender que o alcalde favorece a empresas privadas. O PSOE fixo valer a súa maioría absoluta e aprobou en solitario o punto.

    Esta modificación urbanística afecta a unha zona onde o Concello ten 5.600 metros cadrados e unha empresa privada máis de 14 mil. No PXOM ten preferentemente un uso hoteleiro e de chalés, pero con este cambio auméntase a edificabilidade para construír grandes bloques de vivendas.

    Á sesión tamén acudiron os afectados polo trazado do novo acceso ó Xufre, pero non puideron expor a súa situación ó ser un pleno extraordinario.

    Redacción Salnés