![]()
VILAGARCÍA> Dende o partido nacionalista afírmase que a comarca queda totalmente abandonada nos investimentos de Feijóo.
{flowplayer}images/salnes/EMENDAS_BNG.flv{/flowplayer}
O portavoz comarcal da formación, Xoán Antonio Allegue, e o deputado no Parlamento Galego, Bieito Lobeira, deron a coñecer as 27 emendas parciais que presentarán ó executivo de Alberto Núñez Feijóo. Dende o BNG afírmase que estes orzamentos para o Salnés fan recortes en áreas tan importantes como a social e a sanidade.
Segundo os nacionalistas estes son os investimentos da humillación. Afirman que a comarca de O Salnés está completamente olvidada pola Xunta. Do mesmo modo, sentenciaron que estes orzamentos non van a beneficiar á poboación para saír da crise.
Así, as emendas preséntanse á totalidade da devolución dos orzamentos, con proxectos, declararon, rentables e viables con 3 eixos de actuación: a defensa dos sectores produtivos básicos, as melloras en infraestruturas de comunicación e os servizos públicos.
Precisamente a sanidade, e o Hospital do Salnés centran as queixas do BNG.
A executiva do Bloque tende a man á Xunta para dialogar e cooperar na creación duns novos orzamentos.
Redacción Salnés







