O Julia Becerra Malvar disporá de dúas novas aulas

     RIBADUMIA> A Consellería de Educación investirá 50.000 euros. Trátase da primeira fase dun proxecto de remodelación máis amplo.

    {flowplayer}images/salnes/ReformaColexio_020513.flv{/flowplayer} 

    O Xefe Territorial de Educación en Pontevedra, César Pérez Ares, vistou esta mañá Ribadumia. Acompañado pola alcaldesa, Salomé Peña, ambas autoridades presentaron o proxecto de remodelación do colexio Julia Becerra Malvar a docentes e representantes da ANPA. A Consellería de Educación investirá 50.000 euros na creación de dúas novas aulas.

    Trátase da primeira fase dun proxecto de remodelación máis amplo. Será durante o verán cando se executen os traballos para redistribuír o espazo do Julia Becerra Malvar. Das seis aulas coas que conta o centro actualmente para Infantil e Primaria, pasarase a dispoñer de oito. 

    Esta ampliación no número de aulas responde ó aumento de demanda de prazas que ven dada polo ascenso da natalidade. Algo que fai mirar cara o futuro e replantexarse se o Julia Becerra Malvar poderá dar cabida a máis alumnos dos que arestora ten. De confirmarse este aumento de demanda nos próximos anos César Pérez afirmou que estase a sopesar a posibilidade de construír un novo centro educativo para educación secundaria, para o cal o concello debería dispoñer dos terreos necesarios. Con todo, indicou que é máis probableque se erga unha nova planta neste mesmo centro.

    O Xefe Territorial de Edcuación anunciou que mañá acudirá ó colexio Torre Illa da Illa de Arousa para presentar tamén un proxecto de remodelación neste centro, moi similar ó feito no Becerra Malvar.

    Redacción Salnés