O piloto de Catoira Borja Iglesias remata segundo da promoción de Supercross

supercross_250.jpgCATOIRA>O circuíto de Supercross de Abalo en Catoira, acolleu esta fin de semana unha nova proba incluída no Campionato Galego desta especialidade. Por categorías, en promoción, o podio estivo formado por Federico Sánchez, Borja Iglesias Martínez e Óscar Barcia.

{flowplayer}images/salnes/270709_supercross.flv{/flowplayer}

O piloto local Borja, culminaba así unha dura carreira upándose á segunda praza. A nota negativa da xornada hai que buscala na única participante feminina, a piloto do Salnés Silvia Rivas Magariños que non conseguiu puntuar na categoría senior / junior. Unha categoría na que o primeiro en chegar foi Román Pérez González, seguido de Adrián Garrido e Miguel de La Rosa Quintero.

En categoría Alevín, Jorge Prado, Rubén Fernandez García e Yamandu Reboiras foron os tres primeiros clasificados; namentres que na categoría cadete/xuvenil os gañadores foron Ángel Suarez Alonso, Aduanich Rodríguez Martines e Óscar Barciela. E en veteranos o gañador foi Santiago Giance Maneiro, seguido de Fernado Galán Martínez. A continuación chegarían os pilotos do Salnés Marío Leiro Aguin e Luís Moldes García, e de Manuel Trelles García e Severino Estévez, na sexta e sétima praza respectivamente.

 A próxima cita deste deporte será este sábado un de agosto no Concello coruñés de Ames.

Redacción Salnés