As motos volven prender os motores en Poio

POIO> O Motoclub A Rosa dos Ventos de Poio recupera a súa concentración moteira. Despois de dous anos de parón, a cita regresa esta vindeira fin de semana con tres intensas xornadas. Ademais de varias rutas, o programa inclúe distintas actuacións musicais e tamén o monólogo do moteiro-humorita Wilbur. Na organización calculan que se poden achegar ata Poio uns 3.000 moteiros.

As motos volven prende-los motores no Concello de Poio. O motoclub A Rosa dos Ventos recupera a súa xa habitual concentración que, despois de dous anos de parón, celebrará este ano a súa 11º edición.

Entre este venres e o domingo, a organización conta con que se inscriban uns 300 moteiros, aínda que o número de participantes é moito maior, calculan que poden chegar aos 3.000. O evento, con epicentro na zona da Seca, inclúe ao longo das tres xornadas varias rutas e outras propostas nas que a moto é a protagonista. Pero tamén moitos eventos paralelos, con varias citas musicias. Tamén a actuación do moteiro-humorista Wilbur.

O Concello de Poio colabora como sempre coa concentración da Rosa dos Ventos. O alcalde celebra a volta desta cita, da que salienta o bo ambiente que se vive entre os afeccionados á moto.

Ademais de moitos moteiros galegos, á cita de Poio achéganse afeccionados doutros moitos puntos de España e Portugal, mesmo chegados dende as illas Canarias.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí