Xa está aberta ó tráfico a circunvalación de Caldas

    variante_caldas_100_010409.jpgCALDAS> A variante este da N-550 permitirá liberar a carga de tráfico no núcleo urbano ata nun 60 por cento.

    {flowplayer}images/salnes/010409_variante_caldas.flv{/flowplayer}

    Segundo estimacións do Ministerio de Fomento, preto de 18.000 vehículos transitan diariamente polo casco urbano de Caldas. Esta carga de tráfico ocasiona numerosas molestias ós veciños, ademais do nivel de contaminación tanto ambiental como acústica que supón. A nova variante da nacional 550 nace para aliviar estes problemas.

    A circunvalación posúe 6,4 quilómetros de lonxitude nos que salientan os viadutos de Bermaña e o do Umia. Conta con tres enlaces, dous que conectan coa nacional 550 en Arcos e Bemil e outro á altura de Reirís, en San Andrés. Na súa construción investíronse preto de 42 millóns e medio de euros, case o dobre do orzamento proxectado nun principio. Pola estrada poderán circular todo tipo de transportes, incluídos os especiais. Só quedarán excluídos os vehículos de xeometría especial.

    Segundo Juan Manuel Rey, alcalde de Caldas, a circunvalación asumirá un 60 por cento do tráfico que ata agora transita polo centro de Caldas, o que supón uns dez mil coches. Coa apertura da variante, o tramo da nacional 550 que queda en desuso pasará a ser de titularidade municipal, uns trámites nos que xa está a traballar o concello. O obxectivo é humanizar e embelecer esta vía.

    En canto ó tramo no que conflúen a nacional 640 coa 550, comprendido entre as palmeiras e o cruce de Vilagarcía, seguirá sendo competencia do Ministerio de Fomento.

    Redacción Salnés