A Basket Cup Base batirá records de participación

basket250_020409.jpgVILAGARCÍA> A sete días para que comece o espectáculo da Vilagarcía Basket Cup a organización ultima detalles para que este todo listo para o 9-A, incluído o torneo para categorías base, que este ano batirá records de participación.

A Vilagarcia Basket Cup Base Caixanova segue rompendo records. Na terceira edición do torneo paralelo para as categorías minibasket, alevín e infantil, un total de 147 conxuntos de Galicia e Portugal competirán en Fexdega, emulando ás futuras estrelas coas que convivirán durante catro días.

Ó redor 1.900 participantes acudirán ó torneo de base, que ante a enorme aceptación que está a ter entre os clubes de Galicia e Portugal, constrúe unha quinta pista de goma dentro da instalación de Fexdega, unha máis que o ano pasado.

Ademais, no Vilagarcía Arena haberá máis novedades nesta edición. Vanse incluír unha serie de cambios como son a incorporación de vallas publicitarias electrónicas como as que se ven nos encontros de ACB ou nos campos de fútbol, dándolle maior relevancia á publicidade de cara ó público e ás retransmisións de televisión.

Outro dos cambios máis destacados é que o graderío principal vai ter una altura de sete metros e contará 25 filas, no canto das 19 que tiña na edición do 2008. Só nesa bancada poderán ubicarse 1.400 afeccionados.

Os equipos irán chegando pouco pouco ó longo desta semana. Os primeiros en facelo serán os de Angola e Nova Zelanda, que mediranse a modo de toma de contacto este martes, no Torneo Concello do Grove, a partires das 20:00.

Por outra banda, o comité organizador da Vilagarcia Basket Cup xa ten decididos os premios que outorga cada ano. Nesta ocasión, o galardón ó xogador de lenda recaerá en Francisco Díaz, ex do Club Baloncesto Vilagarcia ou Santa Clara de Vigo, entre outros. No apartado directivo, o premio é para José Rodríguez, persoa que leva moitos anos trallando polo impulso do baloncesto en Cesures.  Maite Méndez, adestradora do Arxil de Pontevedra, será distinguida coma mellor técnico.

Redacción Salnés