Correos de Rianxo únese á protesta da CIG para pedir máis persoal

    concentracioncorreos_100_020409.jpgRIANXO> Os empregados de Correos concentráronse diante das portas da sucursal para denunciar a falta de persoal de reparto do servizo postal.

    {flowplayer}barbanza/concentracioncorreos.flv{/flowplayer}

    O cadro de persoal da oficina técnica de Correos de Rianxo secundou a concentración de protesta convocada polo sindicato CIG para esixir o aumento de persoal coa incorporación de, como mínimo, tres novos carteiros.

    Os sete carteiros que actuamente atenden as oficinas e realizan o reparto resultan insufientes para un concello que supera os once mil cincocentos habitantes .

    Problema engadido

    Á falta de persoal únese o recente o cambio de numeración de moitas rúas e zonas do rural e do casco urbano que aínda dificulta máis o seu traballo diario. O persoal desta oficina rianxeira síntese desbordado polas continúas reclamacións vecinais.

    Dende o sindicato galego cree que esta actuación por parte de Correos obedece a unha estratexia de desmantelamento progresivo do servizo no concello de Rianxo. Esta convocatoria dá continuidade ás movilizacións que a CIG-Correos está a realizar na provincia de A Coruña en demanda dun servizo postal de dilixente e de calidade.

    Redacción Barbanza