Volve a calma ós veciños trala a aparición dunha granada

    bomba100.jpgVILAGARCÍA> Os veciños de Vilagarcía pasaron onte unha das noites máis surrealistas da súa vida. A rúa Ramón Cabanillas amenceu hoxe tranquila.

    {flowplayer}images/salnes/bomba.flv{/flowplayer} 

    A rúa Ramón Cabanillas amenceu hoxe tranquila. Esta mañá non quedaba nin rastro do incidente que interrumpÍu a calma dos veciños que residen neste tranquilo barrio vilagarcián. A calma de hoxe contrasta coa sensación de medo, que viviron na noite de onte.

    O pánico do momento, fixo que os rumores correran pola zona como a pólvora. Moitos veciños confesaban hoxe o medo que sentiron ao pensar que tiñan un coche bomba, na porta dos seus fogares.

    Amais do medo moitos sufriron a incomodidade de quedar atrapados na súa propia vivenda, por mor da corda policial que impedía a entrada ou saída, a esta rúa. Varios veciños víronse obrigados a permanecer na rúa, sen poder acceder aos seus fogares.

    Hoxe había quen se permitía facer algunha broma para quitarlle ferro ao asunto.

    A aparición do artefacto explosivo coincidiu, onte, coa celebración do 40 aniversario da fin da Guerra Civil.

    Redacción Salnés